Cahuín, clube de lectura da Revolteira

A Revolteira
Cahuín
De Balde
Previa inscrición:  cahuinclub@gmail.com
4 novembro 18:30/20:00
Club de lectura da Revolteira
CAHUÍN é un espazo de encontro quincenal, lectura e reflexión colectiva onde compartir ideas, cuestionar realidades e descubrir outras maneiras de mirar o mundo.

CAHUÍN é un espazo de encontro, lectura e reflexión colectiva onde compartir ideas, cuestionar realidades e descubrir outras maneiras de mirar o mundo.

A través de lecturas con perspectiva crítica, política, reivindicativa e sociocomunitaria, achegarémonos a diferentes voces, experiencias e historias, prestando especial atención á memoria colectiva e á tradición oral.

Como funciona?

📅 Encontros quincenais

Reunirémonos cada dúas semanas para dar continuidade ás lecturas, compartir impresións e ir construíndo un espazo de confianza e participación.

Primeiro encontro: mércores 4 de novembro, de 18:30 a 20:00 h.

DE BALDE. NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA: cahuinclub@gmail.com

📚 As lecturas

Comunicaremos por correo electrónico o libro ou as páxinas propostas para cada encontro, para que cada quen poida organizarse ao seu ritmo.

💬 Os encontros

Ademais de conversar e debater sobre as lecturas, en cada sesión propoñeremos unha dinámica participativa, acompañada por unha persoa facilitadora, que nos axude a intercambiar perspectivas, afondar nos temas e construír reflexións colectivas dunha maneira creativa e enriquecedora.

📖 Ti tamén tes voz!

Podes propoñer libros, autoras, autores ou lecturas que che gustaría compartir co grupo. Queremos que CAHUÍN sexa un espazo construído entre todas as persoas participantes.

E o máis importante...

Non fai falta ser unha persoa experta en literatura, nin sequera ter lido todo o libro ou as páxinas propostas. Abonda con ter curiosidade, ganas de escoitar, compartir e revolver ideas!

https://www.instagram.com/p/De6gDi2DaAp/

2 days ago
A Revolteira, A Coruña
13, Rúa da Falperra, A Falperra, Catro Camiños, A Coruña, Galicia, 15005
Add to calendar
Download flyer