Corujam IV

Coru Jam IV

Corujam IV é a cuarta edición dunha Game Jam local na cidade de A Coruña. E de forma máis importante se cabe É O NOSO PRIMEIRO ANIVERSARIO 🎉💀🎉.

A organización somos dúas persoas, Carlos Cortés e Sara Ballester, e contamos coa inestimábel axuda da
Revolteira, que aparte de ceder o espazo están axudandonos nos días da Jam 🧡

Ista é unha game
 jam presencial non competiviva que levarase a cabo ao longo dos días 17 e 18 de Outubro na rúa Falperra 13. Os seus participantes tentarán facer un videoxogo cunha temática concreta, que se revelará cando comece a jam. As creacións subiránse ao Itch da jam para que o mundo poida disfrutalas.

A Jam comezará o Sábado 17 de Outubro pola mañá (anunciaremos mais tarde os horarios definitivos, por mail e por redes coma sempre pero imaxinade 9:00) e rematará o Domingo pola tarde-noite (o mesmo pero imaxinade 20:00 pra rematar o xogo)

Formulario de reserva de plaza: https://forms.gle/Chmo32mg4FrgqaxR7

https://corujam.com/

in 26 days
A Revolteira
Rúa Falperra 13, A Coruña