Difusión colectiva en FM

Difusión colectiva en FM
Adrián de Alfonso
Venres 21 de agosto
Portas 21:30
A Revolteira (Rúa Falperra 13, baixo)

😴 En agosto A Revolteira pechamos para descansar...

🤩 PERO volvemos abrir o venres 21 para o concerto do crooner Adrián de Alfonso:

📻 "Difusión Colectiva en FM" é unha performance que, empregando varios transmisores de FM (radios), ocupa frecuencias específicas nun radio determinado para amplificar os seus instrumentos con calquera receptor FM que estea preto (xa sexa un transistor portátil, un boombox, ou un sistema de son para coche). A performance anima ás persoas asistentes a coller (ou traer) unha radio nas súas mans e moverse libremente polo espazo con elas, atopando as súas propias estratexias de amplificación e xogando con reflexións, retardos, retroalimentacións e interferencias. Cada performance é un contexto único, empático e imprevisible.

💶 doazón suxerida para o artista: 10€

Cartaz de @sararocab

in 20 days
A Revolteira
Rúa Falperra 13, A Coruña