Manifestación polo dereito á vivenda

Manifestación polo dereito á vivenda

🏠 Non podemos máis. Os alugueiros dispáranse mentres os salarios quedan polo chan. Pagar o aluguer é imposible. Compartir piso non chega. Vivir na túa cidade non debería ser un luxo. A vivenda, en definitiva, cústanos a vida.

Dende a Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña e o Sindicato de Barrio A Falperra–Os Mallos convocámosvos o próximo 6 de xuño ás 12:00h na Praza de Ourense para dicir en voz alta o que xa todo o mundo sabe:

🔴 NIN ALUGUEIROS POLAS NUBES.

NIN SALARIOS POLO CHAN.

Esta mobilización forma parte dunha onda de protestas en máis de 20 cidades do Estado tamén convocadas polo Sindicato de Inquilinas. Como ben levamos tempo repetindo: vivenda é un dereito, non un negocio. Fagamos que nos escoiten! 💪🏽🔊

📢 Comparte, chama á túa xente, trae pancartas e berra connosco!

3 days ago
Praza de Ourense, A Coruña
Praza de Ourense, 15004, A Coruña