Tres Trols nos Castros: Xornada de xogos de rol

3 de outubro de 2026
Tres Trols nos Castros
Xornada de xogos de rol
Onde: A Tobeira de Oza - Rúa da Merced 24, 15009, A Coruña
HORARIO: De 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 h
+info: https://trolnoscastros.wordpress.com, https://asociaciondraco.com

Saúdos, xente (t)roleira!

Tras a estupenda experiencia de Trol nos Castros en Xullo de 2024, e Dúas Trols nos Castros en abril de 2025 as trols marcharon con tan boa vibra e tal subidón roleiro que agora TRES trols apareceron polo barrio con gana de troula. Por este motivo, na Asociación Draco e as Irmandades do Dado puxémonos mans a obra e vos convidamos a xogar de novo ao rol.

Esta xornada de xogos de rol será o 3 de outubro de 2026 e será na Tobeira de Oza, libraría que volve prestarnos o seu acolledor espazo de actividades.

Se queres saber máis, estas son as partidas!

Queres dirixir unha partida? Aquí tes o formulario de inscrición! Dende o 3 ao 17 de setembro poderás inscribir a túa partida. Temos moitísimas ganas de saber con qué nos ides sorprender este ano!

Que queres xogar? Perfecto!, aquí tes o formulario de inscrición!. Tes ata o 2 de outubro para inscribirte. A inscrición será por orde de petición!. Se es maior de idade, podes apuntarte sen problemas. Se es menor de idade (pero maior de 12 anos), hai tamén partidas para ti: só precisamos unha autorización da persoa que te tutele indicándonos a que partida te deixa xogar.

Coma na anterior edición, queremos que esta actividade sexa un espazo seguro e inclusivo, onde todo o mundo poida pasalo o mellor posible, así que andaremos con ollo fronte a calquera conducta abusiva. As nosas son trols das boas!

Finalmente, sabede que contaremos (outra vez) con regaliños das editoriais Chaosium, 77 Mundos, Other Selves, HT Publishers, Sugaar editorial, Shadowlands e Outremer que sortearemos ao comezo de cada quenda de xogo.

Tamén queremos agradecer o apoio da Asociación de Veciños de Oza, La Fortaleza Wargames e Metrópolis Cómics.

Vente! O rol te espera!

in 12 days
Libraría A Tobeira de Oza
Rúa da Mercede, 24, A Coruña
Add to calendar
Download flyer