Conversa sobre non monogamias
Como convivir cun contorno monógamo? Como sentirse especial sen exclusividade? En que momento saír do armario non-monógamo cunha persoa que acabas de coñecer? E como raio funciona o Google Calendar?
O próximo sábado o grupo de Non Monogamias da Coruña abriremos estes e outros melóns. Temos dabondo como para montar unha poli-froitería! Vide falar con nós a este espazo que estamos construíndo, un lugar de reflexión e coidados, de resistencia teórica e práctica, de exploración individual e comunitaria.
in 29 days
A Revolteira, A Coruña
13, Rúa da Falperra, A Falperra, Catro Camiños, A Coruña, Galicia, 15005