Derrubando Xigantes. Amil: unha loita polo patrimonio histórico (proxección e coloquio)

19:00 a 20:30
Proxección e coloquio
Venres 27 nov
DERRUBANDO XIGANTES
Amil: unha loita polo patrimonio histórico.
con Amil Sen Eólicos
A Revolteira

🌬 E ti sabías que no monte Acibal, en Amil (Moraña), proxectaron un parque eólico con catro aeroxeradores de máis de 200 metros? E que a veciñanza se organizou para defender os petróglifos e as brañas do monte?

🎬 Este venres proxectamos na Revol «Derrubando Xigantes. Amil: unha loita polo patrimonio histórico», un minidocumental de @oco.gal de 21 minutos que conta esa loita da man da veciñanza.

🔥 Despois da proxección falaremos con @amilseneolicos da colonización enerxética en Galiza. Quen decide onde se instalan os parques eólicos, quen se beneficia deles e quen carga coas consecuencias?

✊ O encontro servirá para chamar á mobilización do 11 de decembro diante do TSXG en defensa da independencia xudicial e contra a designación opaca da sección de reforzo que resolverá os recursos contra os proxectos eólicos, denunciada polos colectivos ecoloxistas.

🎟 De balde

https://www.instagram.com/p/DgFwlFRtjm7/

1 day ago
A Revolteira, A Coruña
13, Rúa da Falperra, A Falperra, Catro Camiños, A Coruña, Galicia, 15005
Add to calendar
Download flyer